martes, 23 de marzo de 2010

Cine con maiúsculas ...

Ollade esta escea dunha película india de 1995. Posiblemente a mellor escea de acción ( e a máis divertida) da historia do cinema.

martes, 25 de noviembre de 2008

Morphings ...

POdemos disfrutar e ó mesmo tempo facer un exame de acnto sabemos de cine con estos dous arquivos de video sobre actores e actrices do cine de todos os tempos.
Primeiro os homes...


E logo as mulleres:

viernes, 19 de septiembre de 2008

Cine e música. "El bueno el feo y el malo" Música de Ennio Moricone

Unha curiosa mistura de imaxe da película e da orqueta interpretándo a melodia. Ennio Morricone é un xenio sen paliativos da música cinematográfica e un auténtico renovador da súa concepción. Comezou có spaguetti western pero logo diversificou toda a súa producción como podemos ver en películas como "La Misión" ou en series de televisión como "Marco Polo".



Escoitade e disfrutade agora dun dos temas de "Marco Polo"

Se queredes seguir escotando algún tema deste compositor buscade nesta páxina.

O Spaguetti western. "Hasta que llego su hora" de Sergio Leone

Chamouselle Spaguetti western ó renacer do cine do Oeste nos anos 70 a través dunha serie de películas italianas de baixo presuposto rodadas maioritariamente nen España e con actores estadounidenses. O principal director foi Sergio Leone acompañado do músico Ennio Morricone.
Esta é unha escena dunha das máis famosas películas deste subxénero. Podemos observar nela a total renovación do xénero que supuxo este tipo de películas: movementos de cámara (movemento en circulo, travelling ou mediante o zoom), planos xerais seguidos de arriscadísimos primeiros planos (os ollos), introspección psicolóxca (miradas) acompañada de flashbacks (recordos do pasado o neno eo seu irmán) e todo acompañado dunha música estrana e revolucionaria... E non só iso senón que rompendo outras regras non escritas un dos protagonistas é Henry Fonda facendo dun cruel criminal , el que tantas veces representara o pael do cidadán medioa mericano, sempre en papeis de protagonista bo.

miércoles, 2 de julio de 2008

Película de culto: "Blade Runner" de Ridley Scott

Preséntovos un enlace á unha das páxinas do "burato dos libros", onde falamos da película "Blade Runner" e da novela na que se basa, con moitos dos enlaces que fumos atopando...


Disfrutade coa música de Vangelis en dous fragmentos desta película: en primeiro lugar o hipnótico tema principal e en segundo lugar o tema de amor.




viernes, 25 de abril de 2008

Inspiración: "Misterioso asesinato en Manhattan" de Woody Allen

O cine dentro do cine. A escena final da película resólvese nun vello cine cheo de espellos onde se está proxectando "A dama de Shangay", e os dous protagonistas teñen actitudes semellantes ós da película. Outro evidente homenaxe ó xenio de Orson Welles...

Montaxe: "La dama de Shangay" de Orson Welles

Outro gran momento da historia do cine, a escena final de "A dama de Shangay". A montaxe usada para enganar ó espectador todo aderezado nun misterioso entorno de espellos, onde nada é o que parece.

Montaxe: "Solo ante el peligro" de Fred Zimmerman

Un fragmento excepcional. A montaxe e a música que acompaña este video se convirte nunha pequena xoia narrativa.

video

martes, 22 de abril de 2008

Inspiración: "Los intocables de Elliot Ness" de Brian de palma

De novo Brian de Palma. Unha escea do enfrontamento entre gangsters e policias nunha estación de tren. Sí, pero tamén unha homenaxe á unha das grandes esceas da historia do cine: A escaleira de Odessa de Serguei M. Einsenstein, na súa película "O acoirazado Potemkim".
Mirade primeira a escea de Brian de Palma e logo a de Potemkim e comparade:

Los intocables. (Por certo á música de fondo non é a orixinal, é da película "O Padriño" de Francis Ford Coppola)



O acoirazado Potemkim


Inspiración: "Vestida para matar" de Brian de Palma

Ollade a comparativa entre estas dúas películas... No cine hai moitos autores que non ocultan a súa admiración por directores e por películas anteriores. Destes posiblemente o máis destacado é Brian de Palma como xa puidemos ver en "Snake eyes". Nesta película "Vestida para matar" os paralelismo con psycho son innumerables: esta escea, a trama, o carácter psicótico do protagonista...

Moitos planos: "Psicose" de Alfred Hitchcock

O contrario do plano secuencia é aquela secuencia construída a través da montaxe, é dicir mediante a suma no laboratorio de moitos fragmentos rodados por múltiples cámaras e en múltiples posicións, como neste exemplo da escea da ducha. Atreveriadesvos a contar cantos planos diferentes hai? Ou sexa, ¿cantas veces se produce un cambio de cámara?


Plano secuencia: "Snake eyes" de Brian de Palma

Se Tarantino é un gran cinéfilo, ¿que dicir de Brian de Palma? Como exemplo hai un gran plano secuencia na súa película "Ollos de serpe", aínda que tamén se pode notar algún corte. De tódolos xeitos é un plano secuencia increíble de case que 13 minutos, aída que como vimos con algún truco. Agora non teño o video dispoñible, pero podemos ver outro gran palno secuencia na película "El secreto de sus ojos" de Javier Campanella. Neste video podemos ver o seu making off.






Plano secuencia: "Kill Bill vol. 1" de Quentin Tarantino

Outro gran cinéfilo como é Tarantino nos ofreec este outro plano secuencia, aíns aque non tan perfecto tecnicamente como os anteriores (é un dicir...). Notades un corte no plano secuencia nos baños onde Uma Thurman se cambia?
Os que víchedes esta película vos adríades conte que toda ela é un enorme homenaxe a unha gran cantidade de películas e de xéneros cinematográficos e mesmo alleos ó mundo do cine como ó comic. ¡Tarantinadas!

Plano secuencia: "O xogo de Hollywood" de Robert Altman

De novo un enorme plano secuencia. Por suposto é unha homenaxe a Orson Welles pero na que o director pretende ademáis amosar o seu virtuosismo, nunha película na que se pon de manifesto toda miseria que rodea ó mundo do cine, sen deixar títere con cabeza, e coa interpretación extraordinaria de Tim Robbins.

Plano secuencia: "Sed de mal" de Orson Welles

Para comzar unha verdadeira xoia, a apertura da película "Sed de mal" do gran Orson Welles. Que é un plano secuencia, pois é unha secuencia (fragmento da película con unidade de tempo e de acción) rodada cun só plano. Como? Pois como ves xogando cos movementos da cámara e do personal. Por suposto é necesaria unha enorme planificación e é normalmente un exercicio de virtuosismo por parte do director.


Máis cine por favor

A canción de Aute e o seu estribillo son un resume da nosa paixón polo cine. Lembrade:
Cine, cine, cine, cine
más cine por favor, que todo en la vida es cine
y los sueños, ... cine son
Nas cancións de Aute ocupou sempre un lugar fundamental o cine e por esto non me resisto a comezar cunha canción deste gran poeta, na que o cine tamén xoga o seu papel.



Que queremos afcer neste blog? Pois simplemente aproveitar todos estos recursos mulyimedia que ofrece a blog para ilustrar algunhas das cousas que a min (a nos ) nos gusta do cine: temática, linguaxe, autores, recursos, etc... Todo dende unha óptica moi personal e moi libre pero cun claro afán didáctico. E por suposto vencellado á biblioteca do centro do que son profesor, o IES María Sarmiento de Viveiro.