O cine dentro do cine. A escena final da película resólvese nun vello cine cheo de espellos onde se está proxectando "A dama de Shangay", e os dous protagonistas teñen actitudes semellantes ós da película. Outro evidente homenaxe ó xenio de Orson Welles...
viernes, 25 de abril de 2008
Montaxe: "La dama de Shangay" de Orson Welles
Outro gran momento da historia do cine, a escena final de "A dama de Shangay". A montaxe usada para enganar ó espectador todo aderezado nun misterioso entorno de espellos, onde nada é o que parece.
Etiquetas:
Expresionismo,
Montaxe,
Orson Welles
Montaxe: "Solo ante el peligro" de Fred Zimmerman
Un fragmento excepcional. A montaxe e a música que acompaña este video se convirte nunha pequena xoia narrativa.
martes, 22 de abril de 2008
Inspiración: "Los intocables de Elliot Ness" de Brian de palma
De novo Brian de Palma. Unha escea do enfrontamento entre gangsters e policias nunha estación de tren. Sí, pero tamén unha homenaxe á unha das grandes esceas da historia do cine: A escaleira de Odessa de Serguei M. Einsenstein, na súa película "O acoirazado Potemkim".
Mirade primeira a escea de Brian de Palma e logo a de Potemkim e comparade:
Los intocables. (Por certo á música de fondo non é a orixinal, é da película "O Padriño" de Francis Ford Coppola)
O acoirazado Potemkim

Brian de Palma,
Einsenstein,
Potemkim
Inspiración: "Vestida para matar" de Brian de Palma
Ollade a comparativa entre estas dúas películas...
No cine hai moitos autores que non ocultan a súa admiración por directores e por películas anteriores. Destes posiblemente o máis destacado é Brian de Palma como xa puidemos ver en "Snake eyes". Nesta película "Vestida para matar" os paralelismo con psycho son innumerables: esta escea, a trama, o carácter psicótico do protagonista...
Etiquetas:
Alfred Hitchcock,
Brian de Palma,
Psicose
Moitos planos: "Psicose" de Alfred Hitchcock
O contrario do plano secuencia é aquela secuencia construída a través da montaxe, é dicir mediante a suma no laboratorio de moitos fragmentos rodados por múltiples cámaras e en múltiples posicións, como neste exemplo da escea da ducha. Atreveriadesvos a contar cantos planos diferentes hai? Ou sexa, ¿cantas veces se produce un cambio de cámara?
Plano secuencia: "Snake eyes" de Brian de Palma
Se Tarantino é un gran cinéfilo, ¿que dicir de Brian de Palma? Como exemplo hai un gran plano secuencia na súa película "Ollos de serpe", aínda que tamén se pode notar algún corte. De tódolos xeitos é un plano secuencia increíble de case que 13 minutos, aída que como vimos con algún truco. Agora non teño o video dispoñible, pero podemos ver outro gran palno secuencia na película "El secreto de sus ojos" de Javier Campanella. Neste video podemos ver o seu making off.
Plano secuencia: "Kill Bill vol. 1" de Quentin Tarantino
Outro gran cinéfilo como é Tarantino nos ofreec este outro plano secuencia, aíns aque non tan perfecto tecnicamente como os anteriores (é un dicir...). Notades un corte no plano secuencia nos baños onde Uma Thurman se cambia?
Os que víchedes esta película vos adríades conte que toda ela é un enorme homenaxe a unha gran cantidade de películas e de xéneros cinematográficos e mesmo alleos ó mundo do cine como ó comic. ¡Tarantinadas!

Plano secuencia: "O xogo de Hollywood" de Robert Altman
De novo un enorme plano secuencia. Por suposto é unha homenaxe a Orson Welles pero na que o director pretende ademáis amosar o seu virtuosismo, nunha película na que se pon de manifesto toda miseria que rodea ó mundo do cine, sen deixar títere con cabeza, e coa interpretación extraordinaria de Tim Robbins.
Etiquetas:
Plano secuencia,
Robert Altman,
Tim Robbins
Plano secuencia: "Sed de mal" de Orson Welles
Para comzar unha verdadeira xoia, a apertura da película "Sed de mal" do gran Orson Welles. Que é un plano secuencia, pois é unha secuencia (fragmento da película con unidade de tempo e de acción) rodada cun só plano. Como? Pois como ves xogando cos movementos da cámara e do personal. Por suposto é necesaria unha enorme planificación e é normalmente un exercicio de virtuosismo por parte do director.
Máis cine por favor
A canción de Aute e o seu estribillo son un resume da nosa paixón polo cine. Lembrade:
Cine, cine, cine, cine
más cine por favor, que todo en la vida es cine
y los sueños, ... cine son
Nas cancións de Aute ocupou sempre un lugar fundamental o cine e por esto non me resisto a comezar cunha canción deste gran poeta, na que o cine tamén xoga o seu papel.
Que queremos afcer neste blog? Pois simplemente aproveitar todos estos recursos mulyimedia que ofrece a blog para ilustrar algunhas das cousas que a min (a nos ) nos gusta do cine: temática, linguaxe, autores, recursos, etc... Todo dende unha óptica moi personal e moi libre pero cun claro afán didáctico. E por suposto vencellado á biblioteca do centro do que son profesor, o IES María Sarmiento de Viveiro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)