Mostrando entradas con la etiqueta Plano secuencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plano secuencia. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de abril de 2008

Plano secuencia: "Snake eyes" de Brian de Palma

Se Tarantino é un gran cinéfilo, ¿que dicir de Brian de Palma? Como exemplo hai un gran plano secuencia na súa película "Ollos de serpe", aínda que tamén se pode notar algún corte. De tódolos xeitos é un plano secuencia increíble de case que 13 minutos, aída que como vimos con algún truco. Agora non teño o video dispoñible, pero podemos ver outro gran palno secuencia na película "El secreto de sus ojos" de Javier Campanella. Neste video podemos ver o seu making off.






Plano secuencia: "Kill Bill vol. 1" de Quentin Tarantino

Outro gran cinéfilo como é Tarantino nos ofreec este outro plano secuencia, aíns aque non tan perfecto tecnicamente como os anteriores (é un dicir...). Notades un corte no plano secuencia nos baños onde Uma Thurman se cambia?
Os que víchedes esta película vos adríades conte que toda ela é un enorme homenaxe a unha gran cantidade de películas e de xéneros cinematográficos e mesmo alleos ó mundo do cine como ó comic. ¡Tarantinadas!

Plano secuencia: "O xogo de Hollywood" de Robert Altman

De novo un enorme plano secuencia. Por suposto é unha homenaxe a Orson Welles pero na que o director pretende ademáis amosar o seu virtuosismo, nunha película na que se pon de manifesto toda miseria que rodea ó mundo do cine, sen deixar títere con cabeza, e coa interpretación extraordinaria de Tim Robbins.

Plano secuencia: "Sed de mal" de Orson Welles

Para comzar unha verdadeira xoia, a apertura da película "Sed de mal" do gran Orson Welles. Que é un plano secuencia, pois é unha secuencia (fragmento da película con unidade de tempo e de acción) rodada cun só plano. Como? Pois como ves xogando cos movementos da cámara e do personal. Por suposto é necesaria unha enorme planificación e é normalmente un exercicio de virtuosismo por parte do director.