viernes, 19 de septiembre de 2008

Cine e música. "El bueno el feo y el malo" Música de Ennio Moricone

Unha curiosa mistura de imaxe da película e da orqueta interpretándo a melodia. Ennio Morricone é un xenio sen paliativos da música cinematográfica e un auténtico renovador da súa concepción. Comezou có spaguetti western pero logo diversificou toda a súa producción como podemos ver en películas como "La Misión" ou en series de televisión como "Marco Polo".



Escoitade e disfrutade agora dun dos temas de "Marco Polo"

Se queredes seguir escotando algún tema deste compositor buscade nesta páxina.

O Spaguetti western. "Hasta que llego su hora" de Sergio Leone

Chamouselle Spaguetti western ó renacer do cine do Oeste nos anos 70 a través dunha serie de películas italianas de baixo presuposto rodadas maioritariamente nen España e con actores estadounidenses. O principal director foi Sergio Leone acompañado do músico Ennio Morricone.
Esta é unha escena dunha das máis famosas películas deste subxénero. Podemos observar nela a total renovación do xénero que supuxo este tipo de películas: movementos de cámara (movemento en circulo, travelling ou mediante o zoom), planos xerais seguidos de arriscadísimos primeiros planos (os ollos), introspección psicolóxca (miradas) acompañada de flashbacks (recordos do pasado o neno eo seu irmán) e todo acompañado dunha música estrana e revolucionaria... E non só iso senón que rompendo outras regras non escritas un dos protagonistas é Henry Fonda facendo dun cruel criminal , el que tantas veces representara o pael do cidadán medioa mericano, sempre en papeis de protagonista bo.